13.4 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

A Festa da Carballeira volve con forza

Heredeiros da Crus, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Rura e a Banda da Loba actuarán en Zas.

Presentouse a XXXVII Festa da Carballeira na Cervexería Estrella Galicia nun acto que contou coa presenza de Xurxo Couto, deputado de Cultura e Deporte, Manuel Muíño, alcalde de Zas, Fidel Otero, Director do Festival, Xabier Díaz, artista, Loreto Rodríguez, responsable de medios en Estrella Galicia e Dolores Fernández, xerente de ASPABER.

Venres con Heredeiros da Crus, Mileth e a Banda da Loba

O cartel promete. O venres día 12 de agosto a partir das 22h os asistentes poderán desfrutar de grupos 100% galegos da man de A banda da loba, Heredeiros da Crus e Mileth.

Sábado con Deira, Rura e Xisco Feijóo

O sábado 13 de agosto a partires das 12h, con diversión para os máis cativos da casa da man de Paco Nogueiras, que dará paso a sesión vermú con Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. A festa continuará ata a noite da con Os Farrapos, a tradicional Foliada e Arredores. A partir das 22 horas, actuarán Deira, Xisco Feijoó, Rura e Sondarúa.

As entradas xa están a venda e pódese facer a compra anticipada no enderezo web seguinte :https://www.festadacarballeira.com/entradas/ cun custo de 15€+gastos de xestión o bono para os dous días, e bono de día individual 8€+gastos de xestión. A venda online estará aberta ata o día 12 de agosto as 15:00h, a venda en taquilla será de 12€ entrada para un so día e 20€ bono para os dous días.

Festa da Carballeira , de Interese Turístico

A Festa da Carballeira é de Interese Turístico Galego. Non faltará a oferta gastronómica (con mexilloada de balde), xogos tradicionais,

Un ano máis, parte da recadación da venda de bonos online irá a parar a unha asociación sen ánimo de lucro. Este ano a entidade elixida foi ASPABER, Asociación de pais de discapacitados psíquicos de Bergantiños, representada por Dolores Fernández.

Como cada ano, dende a organización promoverase a conciencia de coidar os entornos naturais, como no que se celebra a festa, por este motivo volveranse a empregar os vasos de plástico reutilizable, que baixa de xeito drástico o consumo de plástico durante eventos coma este.

Un ano máis a Carballeira celébrase grazas ó apoio de patrocinadores como a Xunta de Galicia, Xacobeo, Estrella Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Zas, GADIS e vermú Lodeiros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos