16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Xabier Díaz:”Son un pequeno luthier, un artesán das miñas cancións”

Xabier Díaz actuará o vindeiro 5 de xuño en Santa Comba, acompañado das “Adufeiras de Salitre” segundo informan desde o concello. Un concerto de acceso gratuito que se desenvolverá desde as 18h no Campo da Feira.

Recentemente o músico falaba do seu novo disco na sintonía de Radio Xallas. “Levantarse e caer (arrolos e abrentes)” é segundo o autor “un disco moi persoal, unha reflexión sobre a miña propia infancia”.

Pero tamén “ten algo de música que invita á resiliencia, a superación, a poñer en dúbida o paradigma do éxito, a presión que se exerce sobre os pequenos e pequenas que teñen que ser os mellores en todo”.

Xabier Díaz confesou que “a infancia sempre tivo moita importancia no meu proceso creativo”. Nas súas cancións aparecen curuxas, melros, peixes… “Un exercicio de aprendizaxe sobre toda a marabillosa fauna galega que aínda é descoñecida para as pícaras e os pícaros”.

Está moi contento coa repercusión deste disco. Un artista que segue creando sen agobios nin presións:”Son un pequeño luthier, un artesán das miñas cancións. Non teño presa”.

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán en Santa Comba o 5 de xuño de 2022.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos