19.1 C
Santa Comba
jueves, septiembre 19, 2024

Regina Muñiz ultima o lanzamento da segunda edición de “Mil bicos que non che dei”

A poeta xalleira anunciou en Radio Xallas unha segunda edición de “Mil bicos que non che dei”. Logo do éxito da obra.“Hai moita xente que me pide libros” confesou.

Unha nova edición que vén con novidades e cunha nova portada. Agradeceu o traballo fotográfico de Lorena Blanco Guillín, e a colaboración prestada, en diferentes termos, por Patricia Val Antelo, Cristina Guillín e Rocío Castro.

“Este libro doume a vida”

“Este libro doume a vida” explicou a autora nada en Montouto e residente na parroquia de Bazar. Dúas parroquias vitais na súa proposta lírica.

“Empecei a escribir desde moi nena. Pasaba moitísimo tempo coas vacas e quería facer cancións. Había poucos xoguetes e andaba buscando libros polas casas das veciñas de Montouto”.

Regina Muñiz segue soñando, segue sentindo, e continúa plasmando os seus sentimentos en papel. Exactamente. En papel cun bolígrafo fino. Todo moi tradicional.

“Cando me xurde a inspiración normalmente ando polas leiras”, comentaba a xerente da aula da natureza Villa Regina.En breve, haberá unha presentación moi especial. Os versos de Regina Muñiz xa foron musicalizados polo grupo Folk On Crest do que forma parte outra xalleira, Yoli Río.

Na súa intervención en Radio Xallas, recitou tamén tres poemas.

Podes escoitar a entrevista a partir do minuto 18 deste Podcast.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos