13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Letras Galegas en Mazaricos: poesía, teatro e un percorrido pola historia de Chacín

O Concello de Mazaricos inicia este sábado as actividades de celebración do Día das Letras Galegas. A oferta cultural deste ano incluirá a presentación dun poemario, unha función teatral e unha andaina pola parroquia de Chacín mergullando na memoria do Mazaricos medieval. 

Deste modo, mañá, sábado 7 de maio, e dende as 8 e media da tarde, a Casa de Cultura acollerá a presentación do libro 'Do amor e do delirio' da escritoria Natalia Lema Otero, natural de Vimianzo e con raíces familiares en Mazaricos. Acompañarana a escritora e veciña de Lugarnovo, María del Carmen Rey Núñez, e o xornalista da Radio Galega Xusto López Carril

O domingo 15 de decembro o Grupo de Teatro Os Quinquilláns representarán o seu espectáculo 'A pluma viva de Rosalía', que abordará varios aspectos da vida da nosa poetisa nacional. 

Por fin, o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Concello organiza unha camiñada pola parroquia de Chacín para conmemorar a xornada arredor da obra do historiador Rui Vasques, un crego mazaricán que viviu no Chacín do século XV. A xornada rematará cunha merenda. Para participar nesta actividade débese reservar praza no 635 140 329 ou na Casa de Cultura ata o día 16. Para comezar a ruta, a concentración farase ás 5 da tarde do día 17 diante da gasolineira do Pino de Val. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos