16.3 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

Luz Vidal. Unha mestra xalleira condecorada polo Rei

– Rafael Lema-

Levamos nesta sección lembrando a ilustres persoeiros da Terra de Xallas, e agora imos escribir un artículo sobre mulleres significativas que deixaron pegada no concello. Ainda que esta crónica recorda a unha mestra que fixo a súa vida en Santa Comba, tamén queremos citar a mulleres dos nosos días destacadas pola súa vida social. Sen esquecer que ilustres damas dos tempos pasados gardaban ascendencia xalleira. Unha foi a nobre benefactora dos tempos góticos Mencía de Andrade, coa súa capela na catedral compostelana. Outra María Pita, da que contan os cronistas que proviña dunha familia das montañas do Xallas. Outra, a que xa teño estudado, foi A Bela Otero, filla dun xalleiro e tamén xalleira por liña materna.

Agora incorpora tres dos nosos tempos. Unha é a actriz Isabel Blanco Picallo (Berna, Suiza; 8 de septiembre de 1971) actriz, presentadora de televisión, xalleira filla da emigración que desde 1996 é un rostro coñecido das nosas pantallas. Obtivo dúas veces o Mestre Mateo de interpretación. No cine nacional destacan traballos en El lápiz del carpintero (2003), de Antón Reixa; Vida de familia (2007), de Lorenzo Soler; El vestido (2008), de Paula de Luque; Agallas (2008), de Andrés Luque e Samuel Martín, o a triloxía sobre a emigración española no século SXX de Carlos Iglesias: Un franco, catorce pesetas (2006), Ispansi (2010) e 2 francos, 40 pesetas (2014).

No mundo da actividade social e política hai que mencionar a María Josefa Pose Rodríguez, como a primeira alcaldesa de Santa Comba (2015); ou María Xosé Ares Casal concelleira en Santa Comba desde 1991 e que tivo postos públicos de relevancia, foi diputada no parlamento de galicia e delegada de educación da Xunta de Galicia. Son exemplos da participación activa da muller na vida pública. E agora imos tratar sobre unha mestra condecorada.

A concesión polo rei Juan Carlos a mestra xalleira Mª Luz Vidal Sanjuán da Cruz de Alfonso X o Sabio o 29 de xaneiro de 1996 levou o Concello e o colexio Barrié de la Maza a adicarlle unha homenaxe de recoñecemento público ó seu labor docente durante tantos anos. Luz Vidal fora destinada primeiramente a Arantón, e tamén pasou a formar parte do cadro de profesores do novo colexio comarcal no ano 1973. Xubilouse unha década máis tarde -1983-, despois de botar 39 anos en Santa Comba. Xa na homenaxe que recibira trataron naceu a xestión da solicitude da cruz de Alfonso X o Sabio. 13 anos máis tarde así foi. Morreu o 22 de setembro de 2001, sendo polo tanto honrada en vida.

Mª Luz Vidal e ó seu home, o tamén mestre José Gómez Rubio (Cuntis, 12/1/1911- Santa Comba, 26/4/1979) centraron a súa vida en Santa Comba, educando a tantos nenos e nenas que os recordan.

Rosa Mª Gómez Vidal e Carlos López Formoso -filla e xenro deste matrimonio de mestres- comunicaron no seu día a Amancio Liñares para a edición de Historia de Santa Comba de Xallas que Mª Luz Vidal Sanjuán naceu en Fene o 23 de abril de 1914 e casou con José Gómez Rubio. Do matrimonio naceron dous fillos, José Manuel e Rosa María. Chegaron a escola de Santa Comba en 1944; e aquí vivirían dende aquela ata as datas dos seus respectivos pasamentos.

José Gómez fora destinado inicialmente a San Cristovo de Mallón e logo pasou á Agrupación Mixta de Santa Comba, onde foi director e secretario da Xunta Municipal ata que no 1973 se integraron o novo colexio público Barrié de la Maza. A este mestre sorprendeuno a morte en activo, a mesma tarde de abril de 1979 na que lle ven a morte estivera impartindo escola. Polos seus 35 anos dedicados enteiramente ó ensino a Corporación Municipal de Santa Comba deulle o seu nome a unha rúa da localidade: Rúa do mestre Gómez Rubio.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos