12.5 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

Santa Comba homenaxeará a Pepe de Xan Baña con varias actividades

– Xosé Manuel Lema-

Este ano celébrase o 150 aniversario do nacemento un home sobranceiro na Terra do Xallas, José Baña Pose “Pepe de Xan Baña”. Home polifacético do que vimos falando neste xornal.

Coa chegada do mes das letras e nun ano tan simbólico, o concello de Santa Comba prepara distintas actividades para homenaxear a Pepe de Xan Baña e divulgar o seu nome, e os seus versos.

Por que os versos describen a súa persoa e a súa contorna. Están xa vencellados á propia cultura xalleira. Quedaron na memoria colectiva en forma de coplas. E tamén de libros.

Unha acertada idea é levar os versos do vate de Varilongo á ámbitos como o da hostalería. Serviranse sobres de zucre con versos de Baña.

Tamén se prepara un acto no colexio que leva o seu nome en Traba-Castriz. E un concurso de debuxo nas escolas unitarias, sobre a figura do egrexio veciño. 

Desde o concello xalleiro pretenden ademais ofrecer un roteiro literario polas paraxes que Pepe de Xan Baña evocou nas súas composicións. Un xeito axeitado para honrar a un xalleiro relevante.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos