5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Xavier Deltell, Carmen Alcayde, Oswaldo Digón e Quico Cadaval no Festival do Humor da Laracha

O Concello da Laracha renova a súa aposta por ofrecer espectáculos cómicos de alta calidade na oitava edición do Festival de Humor, un programa xa consolidado como un dos grandes referentes nas propostas culturais municipais da primavera que regresa despois da pausa de dous anos motivada pola pandemia.

Nesta edición volverase contar cun cartel de luxo, con catro monólogos a cargo de coñecidos cómicos de referencia en Galicia e España. Como en ocasións anteriores, estamos ante un festival moi completo, con shows de calidade incuestionable e variados para achegarse a todos os públicos.

Oswaldo Digón, un dos cómicos galegos de referencia no panorama actual, abrirá o cartel o venres 6 de maio con Outra movida, unha recompilación de contos baseados na súa propia vida.

O sábado 14 será a quenda para Xavier Deltell. O actor catalán, coñecido polas súas intervencións en programas como Crónicas Marcianas, Mira quién baila e, na actualidade, na serie La que se avecina, trae por primeira vez a Bergantiños o seu monólogo-show interactivo musical Dando la nota, co que asegura fará ao público rir, cantar e bailar.

A cita do venres 20 será con Quico Cadaval, o considerado mestre de todos os contadores de historias galegos. O cómico ribeirense deleitará ao público presente co seu peculiar xeito de entender a vida e contar as cousas que suceden ao seu arredor.

O festival pecharase o venres 27 con Carmen Alcayde. A polifacética xornalista, presentadora e escritora valenciana presentará por primeira vez en Galicia Menuda Pájara, un monólogo de creación propia no que fala sen pudor das etapas que marcaron a súa vida, sen ter piedade nin con ela mesma nin con todos os demais.

As entradas sairán á venda este martes (26 de abril) e poderanse adquirir no Concello ao prezo reducido de 5 euros por cada espectáculo.

Fonte concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos