14 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Mes do Libro 2022 no Concello da Laracha

O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro co obxectivo de fomentar a lectura especialmente entre os nenos. É tamén por ese motivo que abril é considerado como o Mes do Libro. 

Cada ano o Concello da Laracha organiza nestas datas unha programación municipal dirixida ao público infantil que neste ano constará de catro propostas. En todos os casos comezarán ás 18:00 horas, con entrada gratuíta para o público que desexe asistir.

O primeiro evento será o mércores día 20. O Mago Teto chegará á biblioteca da Laracha co seu espectáculo 4500 anos da incrible historia da maxia.

O xoves 21 será a quenda para A alquimista (a ciencia dos libros), a cargo de Cristina Collazo na biblioteca de Paiosaco.

O venres 22 no centro sociocomunitario de Caión, Teatro Gazafelhos porá en escena A máquina do tempo, unha peza de teatro dirixida a nenos a partir de cinco anos de idade na que se ilustra, dun xeito ameno e pedagóxico, a historia das civilizacións nunha aventura educativa creada a partir do humor.

Por último, o sábado 23 na biblioteca da Laracha ofrecerase o contacontos para bebés (nenos de 0 a 3 anos de idade) Corochas a cargo de Xarope Tulú. O espectáculo combina a narración oral, a manipulación de obxectos e a música.

O programa do Mes do Libro é organizado polo Concello da Laracha coa colaboración da Xunta de Galicia, dentro da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e a través do programa Ler conta moito.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos