Los Satélites é unha das orquestras históricas de Galicia e tamén das punteiras na actualidade. E manterse décadas na primera fila non é nada sinxelo:“Los Satélites é unha orquestra cunha traxetoria, da que te podes fiar e que sempre cumpre” afirma José Manuel Rodríguez “Noly”, un cantante que leva máis de tres lustros na formación.
Sobre esta nova tempada, Noly falou en Radio Xallas:“Parece que hai máis xente que nunca nas verbenas. Había gañas de saír da casa”.
“Adaptamos o noso repertorio á xente”
O intérprete falou da proposta musical que representa:“Adaptamos o noso repertorio á xente que está na festa. Temos un repertorio de máis de catro horas e podemos variar”.
Unha orquestra que evolucionou:“Coidamos moito o aspecto musical. Non se pode facer o repertorio de Los Satélites de fai 50 anos. Hai que evolucionar”.
Tamén partillou lembranzas:“A primeira vez que me chamaron dos Satélites, díxenlles que non.Pero cando volveron a chamar, meses despois, xa lle dixen que sí”.
E reflexionou sobre a potencia das orquestras da nosa terra:“Hai xente que vén de vacacións no mes de agosto para ir de verbena en verbena. En Galicia hai un nivel de orquestras moi bo”.