19.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

XI Primavera Teatral en Paiosaco con Ibuprofeno, Talía e Amorodio Teatro

O Concello presenta o programa da undécima edición do ciclo de teatro de Paiosaco. A Primavera Teatral. Afianzado como un dos referentes da programación cultural municipal, desenvolverase ao longo do mes de abril no auditorio do centro sociocultural desa localidade e constará de tres espectáculos. 

Do mesmo xeito que sucede cos Venres Teatrais da Laracha en novembro e,  desde este ano, con Teatro con Salitre de Caión, o Concello programa a Primavera Teatral co obxectivo de ofrecer ao público local a oportunidade de achegarse ás artes escénicas presenciando espectáculos destas características. 

A primeira cita será o venres día 8 con O mel non caduca (Ibuprofeno Teatro). No ano 2173 dous científicos/apicultores (aos que dan vida os actores Avelino González e Marián Bañobre) levan a cabo sofisticados e absurdos experimentos nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado. Tratan de crear sinteticamente unha abella a partir do último tarro de mel que se conserva e constrúen unha árbore no seu laboratorio para tratar de recuperar os ciclos naturais, que se perderon hai tempo. O espectáculo aborda cuestións como as relacións do ser humano cos obxectos, a degradación ecolóxica do planeta e a obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

Trala pausa pola Semana Santa, o teatro regresará o venres 22 con A parábola de Angazo, a última obra de Talía Teatro. Toño Casais e Artur Trillo, baixo a dirección de Diego Rey, protagonizan esta obra que xira en torno á lingua galega.

O ciclo pecharase o venres 29 con Reino da extinción, de Amorodio Teatro, unha comedia que conta a historia de Galicia a través de catro personaxes de diferentes épocas e que pretende reflexionar sobre o concepto de identididade galega, explicando como cambiou ao longo dos séculos.

Todas as funcións serán a partir das 21:00 horas e con acceso gratuíto para o público.Colabora co Concello na organización da Primavera Teatral de Paiosaco a Deputación da Coruña.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos