10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

«O que me tocou vivir». Na Barcala de Xosé Alvite

-Rafael Lema-

Xosé Alvite, o Lema, naceu no 1967 en Negreira. Esta frase que inicia a contraportada do seu libro «O que me tocou vivir» (Toxosoutos, 2021) serve tamén como compendio da obra, un posible prefacio.

Un rapaz de Negreira, tirando cara a Serra, que dando voltas pola vida e mudando da aldea a vila, a cidade e de novo a aldea quere contarnos curiosidades da súa vida, como un espello de moitos outros rapaces da aldea que xa non son os lelos da penuria senón a xeración da EXB e da movida dos oitenta, do frenesí rokeiro dos noventa, dos xoves de Compostela e os sábados na sala de Negreira, do bus Celta, da FP, a masificación e o paro, as drogas, a emigración paterna, un tempo que semella ter sido onte pero que hoxe é moi distinto, por iso acae detelo e retelo entre páxinas dun libro que fai ledo ao autor, nesta purga pausa do seu momento vital que é aquel que dicía o poeta, encontrando a senda escura no medio do camiño da súa vida.

«O que me tocou vivir» é unha mestura de narrativa e poesía, na que o autor nos conta, en primeira persoa, a súa infancia, adolescencia cunha ollada escéptica. Así o explica a cartela, nesta amena lectura dunha viaxe a un tempo que xa foi. Un tempo do que fican intres compartidos, nomes de lugares, de traballos, de amigos. E tamén a lembranza polo perdido que sempre é moito.

Entramos na vida dun mozo que vai medrando con dificultades, amores e labazadas, ilusións, desexos. Acompañan os retallos de prosa do quebradizo pasado poemas que escribiu naquel tempo, no que soñaba con ser poeta, ser cantautor. Enya Antelo no prólogo fala dun bául cheo de soños, de bos recordos, de morriña e golpes. Do que lle tocou vivir, e ten a sorte de poder contalo e xente querida que o escoite.

Logo virán tamén os futuros lectores, esa incerta fauna que se achega a un coñecido ou descoñecido coa maxia da liberdade de escoller unhas follas na lingua dos nosos e tomala xa de seu. Longa vida a fala dos galegos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos