19 C
Santa Comba
miércoles, junio 7, 2023

A «Golpes de Luz» con Ledicia Costas polas tebras do retorno á patria

– Rafael Lema-

Ledicia Costas é unha desas voces narrativas en femenino que axudan a visibilizar máis alá do noso marco a creación en galego. E así o fai con «Golpes de luz» (Xerais, 2021) un triángulo de voces e interferencias, cun foco na man dunha muller forte, vella e sabia, Luz, que igual a moitas veteranas actrices acaba por eclipsar as sombras que a rodean e comer as escenas. Esta eterna supervivente, dona dunha tradición de loitas e loitos de séculos de mulleres que a preceden está acompañada na acción da súa filla Xulia e do seu neto Sebas. Tres xeracións, tres mundos, tres deshabitados estancos na Galicia do novo e desanxelado século. Un retorno a casa como tantos vividos nos tempos do covid. Unha muller brava no día das mulleres.

Xulia, xornalista e recén separada, regresa a Galicia co seu fillo Sebas. Na patria, no lar, abandonado por unha, apenas recoñecible polo outro, fica a dona e señora. A avoa. A tradición, a cultura e a loita, un xigante entre mediocridades cheas de fume. Sebas adora a súa avoa. Xulia loita cos demos, cun pasado escuro. Traxicomedia, telenovela turca, xornais e farrapos de vidas atravesadas, ambiguedades, correntes que veñen e van. Sagas nórdicas que nada teñen de Knut Hamsun (xigante), mais de noir escandinavo. Nais separadas que non poden chorar diante do fillo, porque son home-nai e mestre. Co peso dun cansanzo que afoga, unha teimuda marca de asco caendo cada noite.

O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados, a marxinación e a precariedade, o acoso, os luns ao sol. A viaxe aos días que foron e revolven o mar do presente desde o fondo. Os golpes, os paus dos cercanos, dos poderosos; a impotencia, e a luz cando a dor é moita e non vemos o camiño. A pericia narradora da autora lévanos con man precisa, con retrancas e humor, ata novas paisaxes, novas fiestras, entre almas doentes e persoas de mal vivir, que tropezaron e non dan co rumbo, na maruxía dos quebros e sorpresas, ata a conclusión e a esperanza.

Xulia, desagradecida e malcriada, cando a nai perdeu o pai e o norte, cando non estaba e a nena precisaba respostas, cariño, e tiña fame. Mulleres que cavan por distintos regos cara o pasado, un pasado de homes malos, egoistas, fillos de puta. Os que a elas lles tocaron, outras farán o mesmo dano a outros. Fillas que non aprenden das nais, vidas cruzadas, rifadas. Mulleres que perden o martelo loitando co pasado e gañán.

Entrevista de Xosé Manuel Lema a Ledicia Costas desde o minuto 73 deste audio

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,842SeguidoresSeguir
1,130SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos