16.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

150 anos do nacemento de Pepe de Xan Baña

O 4 de xaneiro de 1872 nacía en Varilongo-Santa Sabiña, no concello de Santa Comba un dos persoeiros máis ilustres desta comarca, José Baña Pose «Pepe de Xan Baña«. Cúmprense 150 anos do seu nacemento e polo tanto queremos adicarlle esta lembranza.

Para o escritor Rafael Lema, Pepe de Xan Baña formou parte «dunha diáspora reivindicativa dos dereitos dos galegos en Cuba  pero tamén da necesidade da instrución na terra». 

Sobre a obra, Lema pensa que o xalleiro renunciou «un pouco á parte literaria para buscar o achegamento ós seus», optando por unha prosa e unha lírica popular para conectar mellor coa xente do pobo.

Pepe de Xan Baña era un activista cultural. Creador, xornalista, mestre, secretario de Curros Enríquez, colaborador de ilustres galeguistas  e ata delegado do Sindicato Católico cubano «para levar a cabo en Santa Comba unha campaña pública de acción social, política e instrucción modernas por medio de conferencias libres.

Este pasado ano o Consello da Cultura Galega incorporaba un libro seu á colección «Clásicos da Emigración». Falamos dunha edición facsimilar de «Vindicación. Vida e milagros de Pepe de Xan Baña».Todas as iniciativas que sirvan para divulgar a obra de Pepe de Xan Baña son excelentes noticias. 

Onde naceu Pepe de Xan Baña …

TEXTO E FOTOS- XOSÉ MANUEL LEMA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos