Marta Doviro presenta “Memorias dunha rapasa da costa” este venres 17 de decembro no auditorio do multiusos de Santa Comba(22,00h). Esta semana falaba no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.
Segundo a presentadora e actriz, este monólogo “conta a miña experiencia vivindo nesa zona. Crieime en Muxía e tiven un periplo por distintas vilas da Costa da Morte, como Corcubión”.
Unha comarca “cun carácter especial” que “é o xerme de moitas historias e anécdotas que se poden recoller dun xeito peculiar e gracioso e levar todo iso en clave de comedia”.Está contenta coa súa experiencia como monologuista e ten claro que “eu prefiro ver á xente se non parece que estás soa, eu preciso ver a cara da xente aínda que sexan só os ollos, pero notas xestos e sentes que a xente recibe o que estás dando”.