6.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

“O toque pechado” de Pablo Seoane

“O toque pechado” é o libro do mestre gaiteiro Pablo Seoane. Como explicou na súa intervención en Radio Xallas estamos diante “dunha especie de manual para que a xente que lle interese  poida tirar del”.

Ofrece unhas 150 partituras con tres níveis de dificultades e “uns vinte exercicios para que a xente domine os cambios que hai no toque pechado e para afrontar as partituras”.

Entrevista a Pablo Seoane en Radio Xallas desde o minuto 33

Sobre a “dixitación” e os movementos característicos desta técnica, sobre a tradición da mesma e sobre o folclore en xeral falou este músico que leva 21 anos dando clases en Santa Comba, unha terra á que lle está moi agradecido por todo o afecto que recibe.

Seoane comentou que inicialmente pensouse que os artesáns históricos da Terra do Xallas construían gaitas para tocar en aberto pero “eles lembraban telas feito tamén para tocar en pechado”.

Os punteiros herdados daqueles anos e investigacións como as realizadas por mozos como Jorge Castelo acreditan este extremo.Aproveitou Seoane a conversa para render homenaxe ao gaiteiro e percusionista Fidel Amigo Seoane “Unha excelentísima persoa, un gran músico e un apaixoado da cultura”-

O libro “O toque pechado” será presentado o vindeiro venres 17 de decembro de 2021 na Libraría Ler de Santa Comba a partir das 20,00h.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos