13.4 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Pablo Seoane publica “O toque pechado”

O gaiteiro de Cacheiras(Teo) Pablo Seoane acaba de publicar “O toque pechado”, que é o froito de dous anos de intenso traballo.

O obxectivo deste libro é o de poder axudar a todos/as os/as gaiteiros/as que se propoñan aprender ou mellorar no toque pechado para a gaita de fol galega. Era unha idea que tiña Seoane e que se viu acelerada polo confinamento por mor da Covid-19.

Pablo Seoane é un coñecido intérprete deste xeito de tocar. Presenta agora unha escolma de exercicios específicos e 150 partituras divididas en 3 niveis de dificultade, para que os/as gaiteiro/as poidan traballar en calquera dos distintos xeitos de tocar pechado na gaita galega.

Desenvolveu unha intensa tarefa de transcrición de audios, edición de partituras, análise das mesmas (a maior parte do seu arquivo persoal) e de actualizar e poñer ó día anos e anos de traballo.

Segundo Pablo Seoane, e baixo a súa experiencia coma gaiteiro e docente, a mellor forma de dominar calquera dos distintos estilos de toque pechado que existe en Galicia, é traballando con exercicios previos e tamén, por suposto, coas músicas axeitadas a este xeito de tocar. 

Todas as partituras que aparecen no libro son tradicionais, e aínda que están pensadas para o toque pechado, pódense, por suposto, interpretar coa dixitación aberta, e completar o repertorio de calquera gaiteiro/a.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos