Gema Ulloa e Fran Giraldo volven a Santa Comba. Fai menos dun ano estaban coa obra “ Insubmisión”. E o vindeiro venres 19 de novembro representarán “O Ferro” no ciclo de teatro municipal. Será ás 22 h no auditorio do Multiusos.
Pertencen a unha compañía recoñecida en Galicia, Teatro del Andamio, que precisamente cumpre anos este próximo 23 de novembro.
“O Ferro” está protagonizada por un matrimonio. Ás veces hai detalles que cambian o argumento das nosas vidas. Neste caso, mentres a muller pasa o ferro, xurde algo inesperado.
Segundo relatou Gema Ulloa no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas “o público por veces vai con ela e outras vai con él. O final cando se desenvolve o conflito, é un final que ninguén o agarda. Pasa unha cousa distinta á que esperas. Sorprende moito e deíxate pensando”.Estamos diante dunha “comedia” onde “se pasa xenial” avanzou a actriz.