Tres das promotoras de “Espazo Brétema” participaban o pasado 8 de setembro no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas. Alí estaban Marina Loureiro Rey, Jennifer Novoa Domínguez e a xalleira Sandra Capelo Souto.
As tres convidadas falaban polo miúdo deste interesante proxecto, que polo que explicaban tamén é unha necesidade.
“Fai falta falar sobre arte galego do próximo. Creamos unha pequena asociación en prol da difusión da arte galega. Dar un espazo para difundir as súas obras” comentaba Sandra Capelo.
“Espazo Brétema é unha plataforma necesaria para a arte galega, para impulsar todas as manifestacións artísticas que se están facendo na terra, e darlle a relevancia que se merecen. Non só en Galicia se podemos proxecta-lo no resto de España sería marabilloso” engadía Jennifer Novoa.
E Marina Loureiro comentaba:“Queremos que isto para para acerca-lo a xente que non ten estudos no tema pero que lle interesa tamén a arte. Temos este catálogo e queremos dar a coñecer os artistas que temos na terra”.
Falouse moito de arte, da figura da muller e doutros temas.Pero o mellor é que escoites a conversa-tertulia enteira neste Podcast. A partir do minuto 71.
Teñen Instagram @Espazobretema e web https://espazobretema.wixsite.com/website