A asociación “Axio Mouro” celebrou este pasado sábado unha xornada tradicional no edificio multiusos, coa colaboración do concello de Santa Comba e do Obradoiro Seoane.
Foron distintas as actividades que se desenvolveron. O gaiteiro Pablo Seoane ofreceu un obradoiro de construción de pandeiros. E xunto con Joel Padín protagonizaron dúas masterclass de pandeireta, tanto para nenos como para adultos.
Pero houbo máis.María Mayo, da asociación Ximiela, dou unha charla sobre o traxe tradicional galego e Jorge Castelo encargouse dunha interesante exposición de instrumentos tradicionais da comarca de Xallas.