11.5 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Flores Negras de Rafael Lema e a Xeración Knows

Cristóbal Mourín

Isabel Mociño González na súa excelente e documentada crítica «A Grande Guerra na literatura infantil e xuvenil galega: U-49 de Rafael Lema» integraba o autor de Ponte do Porto Rafael Lema dentro da Xeración dos 90, un grupo de narradores galegos así definidos por Blanca-Ana Roig Rechou (2015), e que Santiago Jaureguizar (2004) definiu como Xeración Knows.

Para Mociño Rafael Lema respondeu a estas características xeracionais coa súa primeira obra de potencial recepción xuvenil, «Flores Negras» (Sotelo Blanco, 1998, 1ª edición. 2021, 2ª edicion bilingüe en Amazon), que «ten como escenario unha vila da Costa da Morte galega e recrea os problemas derivados da drogadicción, que é abordada dende diferentes perspectivas, tanto a individual, representada por Eva, unha rapaza enganchada a heroina, coma polas forzas de seguridade, que exercen unha gran presión sobre o narcotráfico», según o citado estudo. «Pero a crise social tamén se reflicte en cuestións como as referencias ao abandono do medio rural, o desarraigo dos fillos dos emigrantes ou a desorientación dunha xuventude que non atopa referentes familiares nin culturais cos que identificarse» indica a gran lingüista ourensá. Mociño entende o de Xeración Knows como alusión paródica a lendaria e xa centenaria Xeración Nós galega.

Nesta dirección apuntan outras investigadoras galegas de USC que elexiron «Flores Negras» como unha das obras que exemplifican a representación da emigración na narrativa infantil e xuvenil neste século (Verónica Casais Vila, Mar Fernández Vázquez, Alba Rozas Arceo). Unha novela de actualidade non só pola nova edición bilingüe acabada de sair do prelo senón porque de novo é obxecto dunha investigación filolóxica da USC no marco do estudo da literatura infantoxuvenil, neste caso co tema da morte nas letras galegas.

Santiago Jaureguizar falaba no 2004 desta nova xeración de escritores galegos, a Xeración Knows, onde ademáis de Lema entrarían Xurxo Borrazás, Xabier López López, Camilo Franco, Antón Lopo, Xesús Fraga, Fran Alonso, Francisco Castro, Rosa Aneiros, Miguel Anxo Murado ou Xerardo Quintiá. Según o autor «o de Knows vénlles por ese interese pola concepción anglosaxona da literatura, máis inclinada ao urbano, ao experimentalismo, ao memorialismo e ao individualismo no canto desa ollada iberoamericana de vontade política e concienciada pola conservación do léxico de xeracións anteriores».

Unha xeración dos 90 en contraposición á que Roig (2015) denomina Xeración do 68, un colectivo de docentes ideoloxicamente marcados pola orientación galeguista-nacionalista, inmersos en iniciativas de renovación pedagóxica, en fluida comunicación coa tradición oral e a literatura universal. Neste senso destaca a rompedora e innovadora colección dos noventa «docexvintedous» de Sotelo Blanco, a cargo de Carlos G. de Lema, onde publicaron varios destes autores, e mesmo se iniciaron Jaureguizar e Lema.

A Xeración Knows, según Jaureguizar, conta con autores centrados na narrativa de ritmo lento, pero interesados noutras artes (a música e o cine). A música é un leitmotiv permanente en «Flores Negras». A crítica social figura tanto nesta como en outras obras dos autores antes citados. Remarca Mociño, dento do seu traballo sobre a obra de Lema, trazos de estilo como «a concepción máis anglosaxona da literatura, máis inclinada ao urbano, ao experimentalismo, ao memorialístico e ao individualismo, así como pola súa atracción polo ritmo alegre da narración e polas historias nas que as relacións persoais, o sexo, a violencia e a influencia dos medios de comunicación teñen unha importante presenza».

Agardamos ese novo traballo sobre a morte nas letras galegas dese grupo de filólogas das universidades galegas que tanto están facendo pola renovación da crítica literaria e a comunicación coa lusofonia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos