16.8 C
Santa Comba
miércoles, abril 10, 2024

“Lobos de Metal”: ouveos de rock e metal desde as ondas de Radio Xallas

Este vindeiro luns 6 de setembro o programa “Lobos de Metal” inicia a súa andadura. Xa o explicaba neste artigo o promotor do mesmo e director deste xornal, Xosé Manuel Lema.

“Lobos de Metal” emitirase cada luns ás 20h con redifusión cada martes ás 13h. Poderá sintonizarse de distintas formas. No 107.5 FM de Radio Xallas na súa área de influencia. 

E tamén desde calquera recuncho do mundo a través da internet tanto desde a portada de Adiante Galicia (escoita aquí Radio Xallas on line) como desde a web do concello de Santa Comba www.santacomba.es . Pero ademáis poderase sintonizar mediante a APP Radio Garden. Tódolos programas se compartirán na plataforma Ivoox e no facebook de @LobosdeMetal.

Desde “Lobos de Metal” poñen a disposición de grupos, promotores, discográficas e ouvintes o seguinte enderezo de correo electrónico oslobosdemetal@gmail.com e o Whatsapp 693.28.77.49.

Tálesien, no primeiro programa

Javi García e Juan Carlos Cotelo, do grupo Tálesien, serán os convidados da primeira edición. Pero haberá máis materia. Porque como avanzan desde “Lobos de Metal” os programas contarán con seccións de noticias, axenda de concertos, cancións de sempre e novidades musicais, historias do rock and roll, sorteos e a voz de poetas da Costa da Morte e de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos