5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

A conxura córmica de Diana Varela

– Rafael Lema-

Coñecín a Diana Varela na presentación da súa primeira obra poética nunha emblemática cafetería da Coruña a que moito teño ido, rodeada dun feixe de amigos comúns, e da familia cormelá.

Por suposto saber que nacía unha nova poeta no limiar da Costa da Morte era para min un feito senlleiro que non quixen perder. Diana Varela Puñal tras unha exitosa bagaxe literaria en variados xéneros achega a súa segunda novela «A Conxura», publicada por Edicións Embora.

Curioso que fai uns días participei no seu Corme na presentación dunha obra tamén chea de maxín, fantasía e evocadora dun universo de seu, «O Naranxo no Trasmundo» de Inma Vilariño, xa desde esa data nova amiga.

Son ambas retablos dun universo concentrado nunha vila galega, que na obra de Vilariño se eleva ao alén e na de Diana a un aquén moi de Corme, nunha liña máis de Azcona-Cuerda que de Macondo. Eis «Amanece que no es poco» ou «Así en el cielo como en la tierra», segundo o propio Cuerda, «un retorcimiento de la realidad que sigue siendo realidad». Se hai linguas prácticamente mortas (e tan irmás) coma o córnico, Varela lévanos a un mundo «córmico», que esmorece deixando un ronsel esfiañado de derrotas.

Xuvino é un non lugar de todo tempo, un lugar de ningures, un canto de gavieiro rubindo polo pao maior dun cormeño, un conto na trincheira do malecón. Hai un Corme-Xuvino na memoria dos avós mareantes, un Corme de fai cen anos que apañei en documentos e relatos; vila de mariñocracia, estanqueiras e tendeiras, fidalgas e criadas, mestres e matalotes, preitos e homenaxes, toxos e roles, foros e quiñóns, onde dormen no chan e espertan os homes as seis da mañá. O Corme entre o porto e a aldea, o Corme «que non é», da saga das Cabezadevaca, o boticario Tomé, o inventor Verea, o carniceiro Abellón, Serafín o fareiro e a simpar Xulieta espiritada.

Destacan os críticos o universo narrativo no que se move a autora entre o imaxinativo e o fantástico cun relato habitado por personaxes fascinantes, a estrutura feita a base de anacos narrativos autónomos pero engazados nunha trama resolta ao estilo do touche final dos clásicos galos, os variados recursos literarios e o seu achegamento a outras artes. A nosa torta historia. E digo eu que a nosa fala, agora escrita, merece máis que a serga infantiloidiota que nos marcan editoras e lacazáns reconvertidos a disgusto en mestres de galego.

E nesa loita entrou Diana, con humor e esperpento, con respecto a tradición e desencanto, sen medo a destrozar as unllas na conxura de recursos estilísticos para facer o que debe facer todo aquel que ten algo que contar e sente a ardora da creación sen límites: literatura.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos