17 C
Santa Comba
viernes, julio 1, 2022

«O Naranxo no Trasmundo» e Laxeiro na memoria dun porteño

– Rafael Lema Mouzo-

«O Naranxo no trasmundo» (Fervenza Edicións, 2021), a primeira publicación da lalinense Inma Vilariño Vázquez, vai ser presentada o venres 20 de agosto as 19.00 horas na praza da Ribeira de Corme. No acto organizado pola asociación cultural Insua de Viastela acompañarei a escritora, contando coa participación tamén do malpicán Xosé Manuel Varela e do cormelán Suso Lista.

Un trío coral non casual xa que os nosos tres eidos nativos teñen cabida na galería de persoeiros que iluminan o texto de Vilariño, ilustrado cunha xenerosa aportación de obras da artista plástica de Silleda Amalia López Brea «Luchi». A escritora está vinculada familiarmente a Corme, e no peculiar universo do Alén onde transcurre a derrota do seu personaxe aparecen dous creadores plásticos referentes da nosa comarca: Urbano Lugrís e Manfred Gnädinger, o Alemán de Camelle. Manuel González Ferradás (Santiso, 1897-A Xesta, 1945),

O Naranxo que da título ao libro, é un singular tolo pedichón do Lalín de fai un século, tratado nun libro homólogo do escritor de Silleda Ramón de Valenzuela, publicado en 1974 no mítico selo Brais Pinto, pero que eu coñecía por un cuadro do pintor Laxeiro. Pintura que enche a portada do libro de Vilariño e é unha das máis recoñecidas do artista do Deza.

Inma Vilariño en 45 capítulos curtos dalle unha nova vida literaria a un curioso veciño que desde xa tena como nai adoptiva, referente creativo. Ao modo de Cunqueiro e de Fole a autora bebe na memoria oral e no xeito de contar dos territorios do frío, porque o canto nace no verán e o conto no inverno.

No berce de Galicia, nas terras bravas do interior, xorden historias dignas dos nosos grandes relatores, mais cunha narrativa nova, deste tempo, levando entre maxia e maravilla o universo das súas criaturas (reais) a un barrio do Trasmundo, do Alén. No distrito de Breogán, na avenida do 26, Manuel o Naranxo, pasa o tempo con persoeiros dezaos (Laxeiro e De Valenzuela).

Recordan, miran desde os seus altos cumios, conversan como os fidalgos cazadores de Fole á lus cun candil cos seus faladores acompañantes vilegos de partida. Laxeiro fixo grande ao seu Naranxo, levouno á gran escena da cultura, con él entrou nada menos que no Reina Sofía. Quen llo diría ao pobre esfarrapado do peto cheo de trillóns de estampiñas! Os seus nomes, pois, son un, desde 1946. E foi esta ligazón a que me enganchou nesta historia, deixando para outra o vencello familiar e veciñal con Man.

Sempre tiven a Laxeiro polo gran pintor galego do pasado século, o clásico e renovador que resume a súa época. Retratista da realidade e dos soños, armador dun «trasmondo» de romarías. Apañador da mensaxe dos canteiros e da cerna románica sempre viva. Fillo dunha idade de prata e do exilio porteño, en derrota do expresionismo abstracto ao figurativo, sempre envolvendo o entorno na retranca da súa ollada de fauno, de silvano; facendo do esperpento e da crítica unha comedia de monicreques, de modelos alleos ao mundo, na dobre dimensión do mito, da terra. De Goya a Rembrandt vai, mar por medio, cara vangarda porteña. Nos anos na Argentina desenvolve unha tercera etapa artística de reflexión e liberación. Retorna como un navegante criado tras dunha odisea.

Coñecín a Laxeiro nun acto en Vigo no 1993. Foi no 1996 na miña segunda viaxe a Bos Aires cando recibín a triste nova da súa morte. Uns amigos leváronme ao Museo de Arte Moderno de Bos Aires para darme unha sorpresa. Pinturas de Laxeiro, Luis Seoane, Maside. Artistas expostos como parte da referencia artística da culta cidade austral; malia a miña teima por reivindicar a súa galeguidade, tras o lóstrego primeiro. Na mesa semana, o secretario do Centro Galego (natural de Zas) enseñoume outro laxeiro que gardaban nun salón da centenaria institución.

Naquela viaxe coñecín no Café Tortoni a un amigo do pintor, Arturo Cuadrado Moure. Non foi a última tertulia na que compartimos historias de exiliados. Cando volvín a Arxentina no ano 1999, Arturo morrera o ano anterior. Fillo de Mercedes Moure, da Agualada-Coristanco. Todo isto e moitas outras cousas que exceden estas liñas veñen ao recordo agora ante a estampa do Naranxo no Trasmundo na portada do libro de Inma Vilariño.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
460SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos