15.8 C
Santa Comba
jueves, julio 7, 2022

Blas Piñón (París de Noia):”As axudas da Xunta non chegan e moitos concellos prohiben as orquestras”

“Estamos nun momento bastante crítico e decidimos saír a facer algo de ruído” comentou o artista e xerente da popular orquestra París de Noia, nunha entrevista en Radio Xallas.

Entrevista a José Antonio Blas- Desde o minuto 21

Sobre a Xunta dixo:”“Prometeron axudas pero non dan chegado”. A esta situación engadiu o papel dos concellos:”Moitos concellos teñen vetadas as orquestras, prohiben as orquestras. Hai moitas comisións que queren facer festas pero o concello dalle para atrás, cando tiñan que axudar ás comisións”.

Para José Antonio Blas Piñón “non é normal que se olviden de nós, cando se están facendo festivais con grupos de fóra no Monte do Gozo ou grupos folk nos concellos”.

Lembrou que as orquestras “reiventámonos” con novos formatos e o que pretenden “é traballar ao aire libre”. Para Blas “non é tan complicado cumprir os protocolos”. De todos os xeitos orquestras potentes como a París de Noia teñen poucas datas para un verán que xa dan por perdido. Unha das excepcións é a verbena que ofrecerán na Pereira, en Santa Comba, o vindeiro 24 de agosto.

“Non me podería imaxinar que podería pasar algo similar” confesou o veterano músico, que considera que “vainos a costar volver o que eran as verbenas”.

Tamén lamenta o esforzo feitos por formacións como a súa “cun novo espectáculo moi visual”. O golpe é dobre. Económico e moral.”Non é só un problema económico, tamén é anímico”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
462SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos