Actividades do concello de Dumbría
Rutas guiadas
O concello de Dumbría organiza distintas actividades como as rutas guiadas desde o CIR(Centro de Interpretación de Rutas do Monte Pindo e Fervenza do Ézaro).
Ruta Muíño de Louredo(os martes), visita guiada interior CIR(os mércores e os domingos), Ruta Entre Ríos(os xoves), Ruta Monte Pindo, con Pepe do Fieiro(os venres).
Horario CIR: martes-domingo 10:30-13:30h e 16:00-18:30h
www.cirmontepindo.com
+info: cirmontepindo@gmail.com · Teléf.: 662 346 927
Volei Praia
Os vindeiros 17 e 18 de xullo celebrase a I Proba do Circuíto Galego de Volei Praia de categorías inferiores. E do 22 ao 25 xullo o Campionato de España de volei Praia, categoría infantil.
Cine na Rúa
17 xullo, 22:30 h: no paseo marítimo do Ézaro. A Galiña Turuleca. (Dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.). Aforo limitado e obrigatorio o uso de máscara.
Actividades na Biblioteca de Dumbría
21 xullo, 11:00 h: A verdadeira historia de Hamelín. Moc Moc Mereclown
22 xullo, 11:00 h: Os Contos do Avó: lendas e historias de Galicia. Moc Moc Mereclown.A estas dúas actuacións asistirán os nenos e nenas participantes nas actividades de verán 2021 organizadas polo Concello de Dumbría.
Maxia
Haberá espectáculos de maxia na fin de semana do Apóstolo nas dúas parroquias dumbriesas que o teñen como patrón. Aforo limitado e obrigatorio o uso de máscara:
24 XULLO, 19:00 h: Berdeogas (pista polideportiva da carballeira). O Mago Romarís. Maxia Potáxica. (Dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.)
25 XULLO, 19:00 h: Olveiroa (praza do cruceiro). O Mago Teto. Alquimia. (Dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.)