16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

José Veiga:”Este ano o obxectivo é evitar que morra a verbena galega”

O presidente de SERFEGA, José Veiga Cruz, lamentou que despois da concentración de protesta diante do Parlamento de Galicia do pasado 28 de abril e da desconvocatoria das últimas previstas “a situación non cambiou moito. Ignoráronnos completamente. Ao Vicepresidente da Xunta (Alfonso Rueda) parece que lle interesa máis quedar con dous youtubers para gravar o Camiño de Santiago que reunirse con nós”.

Entrevista a José Veiga- Desde o minuto 59

Veiga criticou que a Xunta descoñece as festas (“son ignorantes do que é unha festa e de como se organiza”), e que incluso chegou a facer “ilegalmente as probas piloto sen protocolo”. Tamén recriminou que se utilizaron “as orquestras para facer publicidade”.

De todos os xeitos, fixo un chamamento ás comisións de festas para que se celebren verbenas porque está en xogo a supervivencia das verbenas de Galicia:”Só quedan unhas vinte orquestras en pe”.

Por este motivo desde SERFEGA ofrécense para asesorar as comisións interesadas:”Este ano o obxectivo é evitar que morra a verbena galega. Queremos dar saída á xente que non aguanta máis, para que cubra os gastos”.

Qué pide o sector das festas populares e verbenas de Galicia

Veiga considera fundamental que as comisións teñan “ganas e ilusións de facer festas” e “se non se pode levar as mellores orquestras si se poden facer festas. Son totalmente viables pero ao mellor hai que baixar o pistón”.

Pensa que a partir do 25 de xullo vai a haber “ao redor dunhas 200 festas”, moitas delas protagonizadas por dúos, discotecas móbiles ou orquestras. Fixo un chamamento aos concellos para que apoien estas celebracións e denunciou que hai casos onde se están poñendo trabas.

Xuntanzas de alcaldes «para non facer festas»

Puxo como exemplo “varios concellos socialistas da Costa da Morte, como Vimianzo ou Muxía que se xuntaron para non facer festas”. O presidente de SERFEGA aconsellou aos mandatarios que “chamen ao seu partido que nos está apoiando incondicionalmente no Parlamento de Galicia”.

Nunha entrevista en Radio Xallas, sinalou que “se fan todo segundo o protocolo non teñen ningunha responsabilidade, xa que a responsabilidade civil é da empresa que che fai o protocolo”. A explicación completa pode escoitarse no audio que publicamos nesta noticia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos