12.7 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Ritmo e tradición con Tanxugueiras en Santa Comba

Xosé Manuel Lema-

A actuación estelar do San Pedro xalleiro desde 2021 foi o grupo Tanxugueiras, nunhas celebracións limitadas pola pandemia.Despois da actuación do mago Dani chegou o concerto do trío formado por Aida Tarrío, Olalla Maneiro e Sabela Maneiro. Sabela xa o anticipou en Radio Xallas, que viña con ganas de actuar. E non defraudaron ás case 300 persoas que se deron cita no Campo da feira de Santa Comba.

Nin as nubes ameazantes nin o frío impediron a presenza e os aplausos do público. Tanxugueiras repasaron os temas do seu exitoso disco “Contrapunto”, e puxeron a nota musical a un San Pedro diferente, pero que grazas a programación do concello de Santa Comba tivo estes alicientes.

Durante máis dunha hora soaron as voces e as pandeiretas de Aida, Olalla e Sabela, que amosaron a súa profesionalidade e  unha interesante proposta musical que bebe nas raíces fondas da terra. Non se perdeu o evento a alcaldesa xalleira, María Pose, nin varios membros da corporación.

Tanxugueiras en Santa Comba- Adiante TV

Sábado de feira en Santa Comba

Coincidindo coa feira de Santa Comba e coa colaboración do concello de Santa Comba e da Deputación provincial  a asociación de empresarios programou unha actuación do Mago Charly Braun na Casa do Pozo (16,30h) e unha Masterclass de Zumba (18,30h) diante da Casa da Cultura. É preciso reservar entrada (gratuíta) por Whatsapp 633.18.18.17 – 618.85.64.11.

FOTOS- Xosé Manuel Lema

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos