9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Sabela Maneiro:”Algo está cambiando, xa estamos quitando o cliché de que a música tradicional é de paletos”

O grupo Tanxugueiras actúa o vindeiro martes 29 de xuño en Santa Comba. E cunha das súas compoñentes falaron en Radio Xallas.Deste concerto, do disco “Contrapunto”, do sinxelo “Midas”, da música tradicional, da recollida de cantigas, ou do ciclo de conversas virtuais tratouse nesta entrevista no programa «Na Encrucillada».

Sabela Maneiro confesa que xa tiñan ganas de actuar e que  as cousas están saíndo ben a Tanxugueiras:”“A nosa música, é tradicional, moi primaria, enche o corpo, pode chegar a calquera. Simplemente é abrir as miras, quitar prexuízos e disfrutar da música”.

Está agradecida pola resposta do público ás propostas musicais de Tanxugueiras:”Cada vez chegamos a máis xente”.Pero tamén percibe un maior aprezo cara os nosos sons:”Algo está cambiando, xa estamos quitando o cliché de que a música tradicional non mola e é de paletos e de aldea”.

Pensa que hai que defender “a nosa tradición e a nosa cultura”. E cantando en galego pódese triunfar fóra do país:”O idioma xa non é tan importante como era. Se poden escoitar música en inglés tamén o poden facer en galego”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos