“Veciños cheos de verbas,
camiñan en soidade,
faladeiras agochan os brazos,
pois non queren tropezar o ritmo”.
“Namoradeiras entre a pel” é o primeiro libro individual de Tania Yáñez Castro, escritora habitual nas ondas de Radio Xallas, con raíces en Camariñas, e un discurso poética moi vitalista.
“Son poemas adicados á vida. Son unha namorada da vida, da natureza. Con baches e alegrías” comenta Yáñez. Algúns dos seus textos teñen vetas por onde corre a melancolía:”As veces temos pequenos cárceres que non nós deixan coller as rendas. A melancolía tamén é un sentimento natural”.
Merca o libro desde aquí
Con este libro Tania Yáñez cumpre un soño:”Levo escribindo desde sempre, pero os meus escritos acababan gardados nunha libreta. Decidínme e quixen cumprir ese soño”.90 poemas neste volume editado por Toxosoutos e que xa está a venda.