5.7 C
Santa Comba
viernes, diciembre 20, 2024

Vimiverán 2021, un amplo programa de actividades pensadas para a rapazada de Vimianzo

O concello de Vimianzo oferta un amplo abano de actividades para este verán. A principal novidade é “Vimiaventura” nas parroquias.

O obxectivo prioritario do Vimiverán 2021, como vén sendo de costume, é facilitarlle a conciliación ás familias do concello, e para iso preséntanse distintas quendas.

Vimiteatro

A primeira, do 28 de xuño ao 16 de xullo, terá Vimiteatro para nenas e nenos nacidos entre o 2009 e o 2018, contará cun máximo de 50 prazas e inclúe a tarde-noite meiga no Castelo de Vimianzo. Celebrarase na Casa da Cultura en horario de 10:00 a 14:00 horas. Por outra banda, Vimiaventura está pensado para nenas e nenos nacidos entre o 2009 e o 2018 e celebrarase no pavillón municipal de Vimianzo, cun máximo tamén de 50 prazas. 

Vimichef

Do 19 de xullo ao 6 de agosto, haberá Vimichef na aula de cociña da Escola de Reboredo, en Salto, e que estrenarán as rapazas e rapaces para esta actividade, xa que conta con varios equipos de cociña instalados recentemente. Contarán cun máximo de 30 prazas. Por outro lado, terá lugar Vimiverde, no pavillón municipal, para a rapazada nacida entre o 2009 e o 2018.

Do 10 ao 27 de agosto, o Vimichef será para nenas e nenos nacidos entre o 2009 e o 2014, tamén na aula de cociña da Escola de Reboredo, en Salto, cun máximo de 30 prazas. A Vimifesta, para nenas e nenos nacidos/as entre o 2009 e o 2018 terá lugar no pavillón municipal, e contará cun máximo de 50 prazas. 

Vimiaventura nas parroquias

Para rematar, e como principal novidade, entre o 28 de xuño e o 27 de agosto celebrarase Vimiaventura nas parroquias, para nenas e nenos nacidos entre 2009 e o 2018. O número mínimo de inscritos será de 10 nenas e nenos por parroquia. 

No momento da inscrición, terán prioridade as nenas e nenos empadroados/as en Vimianzo. O prezo de cada actividade será de 50 euros, con 5 euros de desconto por familia numerosa. Poderán formalizarse desde o 9 ata o 22 de xuño.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos