13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Lino Gorgoso:”Santa Comba ten xacementos moi potentes que están por descubrir”

O arqueólogo xalleiro Lino Gorgoso defendeu a necesidade de “poñer a Santa Comba no mapa patrimonial” seguindo coas iniciativas doutros concellos.

Entrevista en Radio Xallas. A partir do minuto 34

“Temos un patrimonio moi grande en número pero tamén en calidade, con xacementos moi potentes que lamentablemente están por descubrir.A meirande parte catalogados pero non se fixo ningunha intervención arqueolóxica no concello” comentou en Radio Xallas.

“Un intento serio”

Gorgoso agradeceu o interese amosado polo exalcalde e actual concelleiro David Barbeira, que promoviu un “intento serio” para realizar algunha actuación neste sentido e que segundo Gorgoso se viu truncada pola pandemia, a problemática política e as reticencias dalgúns propietarios. Xunto coa tamén arqueóloga Fátima Sánchez Blanco mantuvo varias xuntanzas co anterior mandatario.

Ventosa, Boaña, A Sanguiñeira

Entre as opcións que se barallaron foron os castros de Ventosa e Boaña ou a mámoa da Sanguiñeira. En relación ao Castro de Ventosa o experto destacou a súa ubicación e tamén as súas características, sendo, por exemplo, máis grande e con “máis defensas” cun dos elementos de moda na Costa da Morte, o Castro das Barreiras.

Este proxecto “é unha posibilidade que segue aí”. Lino Gorgoso opina que o lóxico sería “sondear os castros e mámoas” e logo promover unha pequena intervención. Aparte do aspecto cultural deixa claro que sería unha actuación “reindible” polo seu atractivo turístico e “moi beneficiosa para o propio concello” que de paso serviría paora “poñer a Santa Comba no mapa patrimonial”.

Na entrevista tamén falou da nova machada doada ao Museo da Terra do Xallas procedente de Padreiro.

Lino Gorgoso na recepción da machada prehistórica de San Salvador

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos