Xosé Manuel Lema-
Sen Cancelas Teatro presenta o seu novo espectáculo esta fin de semana. O venres 11 no Multiusos de Santa Comba(22h) e o sábado 12 no centro sociocultural de Negreira(21h).
Tertulia en Radio Xallas con Sen Cancelas desde o minuto 65
Desta volta o elenco está formado por Manuela Barcia, Vanesa Esculta, Carmen Blanco y Juan López. Coma sempre baixo a atenta dirección de Xan Martínez.Todas elas(e eles) estiveron no programa «Na Encrucillada» de Radio Xallas para falarnos desta función.
Dúas pezas de Tennessee Williams
Dúas pezas do dramaturgo Tennessee Williams. «É a primeira obra que non facemos nós e eleximos un autor que consagrado, que coñezo moi ben, e cuns textos marabillosos» informa o director Xan Martínez.
Vanesa Esculta é a veterana do grupo. Leva 11 anos no grupo pero mantén a ilusión intacta:»Xa tiña gañas de facer esta obra. Empezamos a ensaiala antes da pandemia».
Sobre os ensaios opina Manuela Barcia:»Os ensaios son fantásticos. O camiño realmente é o que satisfai. O fundamental é andar ese camiño». Juan López afirma:»Hai ensaios que son coma un xogo». E Vanesa Esculta completa:»Nunca hai dous ensaios iguais».Despois chegan as presentacións, que tamén son unha boa experiencia.
Experiencia que será a primeira para Carmen Blanco, que está «encantada» con iniciarse no mundo da arte dramática. «Eu co teatro aprendín a escoitar» sentenza. Unha irmandade de esforzo, ilusión e amizade non pode derivar noutra cousa máis que non sexa nun éxito. Un novo éxito de Sen Cancelas Teatro.