10.9 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Antón Pombo:”Están inventando camiños por onde nunca pasou ningún peregrino”

O historiador e xornalista especializado no “Camiño de Santiago”, Antón Pombo, criticou a “obsesión” que existe en moitas zonas por “inventar camiños” sen base histórica o que pode afectar á esencia da ruta xacobea.“Parece que a única marca que podemos vender é o Camiño” alertou Pombo no programa radiofónico “Na Encrucillada” de Radio Xallas. 

Entrevista a Antón Pombo desde o minuto 29

“Hai camiños que non cumpren os requisitos, ten que haber unha persistencia do paso dos peregrinos ao longo do tempo e unha infraestrutura. Están inventando camiños por onde nunca pasou ningún peregrino ou onde houbo unha presenza mínima”.

 “Hospitais de pobres e peregrinos”

Tamén se referiu aos chamados “Hospitais de pobres e pelegrinos”, que “habíaos por todas partes”, así como capelas adicadas ao Santiago Apóstolo “e iso non quere dicir nada, só que había unha devoción”.

Ao fío dun completo artigo publicado na web Gronze, Antón Pombo reflexionou:”Que un viaxeiro caprichoso rcurra un punto non pode ser un argumento que acredite un Camiño de Santiago”.Lamenta que se insista en buscar “camiños” como “se non existira outra cousa” como atractivo turístico. Esta eclosión de propostas, na actualidade ata 23 presentadas na Xunta, poden dar unha imaxe de pouca seriedade cara o exterior e prexudicar a este ruta milenaria.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos