7.5 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Yolanda Castaño:”Xela Arias pretendía sacar á poesía do sofá do lector”

– Xosé Manuel Lema-

Neste día das Letras Galegas non se me ocorre mellor cousa que compartir a recente entrevista que lle fixen á prezada Yolanda Castaño no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.

Nesa charla a autora falounos do seu libro “Xela quixo ser ela”(Xerais). Como nos contou, foi “unha experiencia moi emocionante”, porque tivo a sorte, con anterioridade, de coñecer e admirar a Xela e a súa obra.Pero tamén, con este libro, puido “descubrir cousas que non sabía realmente fascinantes”. Esta obra está dirixida á rapazada pero tamén para os lectores adultos.

Máis que encher de datos as nosas cabezas o que quixo Yolanda foi “transmitir toda esa afouteza, o empuxe e a loita por perseguir os propios desexos, procurar a felicidade e ser ela mesma».

Unha actitude moi interesante:»Xela Arias pretendía sacar a poesía do sofá do lector, levala ás rúas, mesturala, baixala das academias e dos púlpitos». Esta foi a conversa que mantiven con Yolanda Castaño sobre Xela Arias.

ENTREVISTA COMPLETA A YOLANDA CASTAÑO

VÍDEO CON FRAGMENTO DA ENTREVISTA

POEMA DE RAFAEL LEMA ADICADO A XELA ARIAS

 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos