15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Versos en galego de Frida Kahlo

RAFAEL LEMA

O poeta e editor galego Alejandro Finisterre tivo unha descoñecida relación amorosa coa pintora mexicana Frida Kahlo, dada a coñecer este ano nunha serie de artículos que veño publicando. A artista regaloulle ao seu amante no 1954 diverso material que fun analizando. Entre eles dous cadernos de poemas de Frida.

Dous poemarios iluminados no inverno de 1953 para os seus dous grandes amores españois: Alejandro Finisterre e o pintor catalán José Bartolí: «A miña voz sometida» ( MVS 53), de 55 páxinas; e «Pura manzanilla» ( PM 53), 81 páxinas. Co gallo do Día das Letras traducín ao galego algúns destes poemas inéditos de Frida, en homenaxe a Finisterre e a poeta a que lle adicamos esta xornada, Xela Arias. O galego é así a primeira lingua na que son traducidos estes versos descoñecidos de Frida Kahlo, escritos por ella en castelán.

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2021

FRIDA KAHLO. POEMAS A JOSE BARTOLI E ALEJANDRO FINISTERRE. NOVEMBRO 1953

(Selecionados e traducidos por Rafael Lema para o Día das Letras)

1

Bartolí:

tomo o teu corazón entre as miñas mans,

sacódeme a súa palpitar.

O teu corazón como unha flor,

callado de amor, desexo e paixón

que alimenta co seu zume ao meu amor.

Un suspiro

e o teu corazón queda calado entre as miñas mans

vendo pasar en suspenso

un suspiro de vida.

O bico esquecido

quere fuxir do meu corazón namorado.

O recordo de ti vaise acomodando

na mortalla do odio

que o corazón xermola.

2

A miña vida pasa todo o tempo

construíndo a miña morte

coa materia dos días e os anos.

Material de ilusións podrecidas

de esperanzas nonatas.

Constrúe a morte

pa´acabala nun instante,

o instante da miña agonía.

Frida Kahlo.

3

Unha esperanza de amor

acariña a porta do meu corazón

que dorme na soidade.

É posible amar cando a miña vida acaba?

Pecho os ollos lentamente

para que non me ceguen

as horas de tedio,

de desesperanza

que come a cuarteiróns a nosa vida.

FK.

4

Alejandro,

búscoche no horizonte ao lado negro da luz.

Aí onde todo sobra, a auga e a vida.

O lado onde a morte palpita e nace.

Ao lado da luz

que traspasa noite a noite o mundo

e espanta a vida.

Ao lado da luz

que nos quita o nome e o tempo.

O tempo é esperanza.

Cando estou máis soa

os recordos dos nomes

dos que algún día amamos

énchennos de alegría.

Os pensamentos revólvense coas palabras

e multiplícanse

e o amor brota dos nosos ollos,

das nosas pestanas;

a vida en soidade

prémianos co recordo dos nomes

que onte nos amaron.

Ao final da vida

cal é o premio ao noso tempo de existir?

O recordo do que foi

e do que non se nos queda.

Entón dámonos conta

que o único que nos queda

é só a verdade completa

de vivir.

Frida Kahlo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos