A artista Andrea Pousa falou do seu novo disco no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.
Escoita aquí a entrevista- Desde o minuto 61
“Retorno” inclúe unha ducia de cancións (11+1 agasallo), na que Pousa canta sobre a vida, o amor e o respecto en tres linguas: galego, portugués e castelán.“Son os meus tres idiomas. Considérome trilingüe e no meu traballo ten que saír a miña esencia como persoa” comenta.
É o seu segundo álbum, despois de “Respirar”. Mestura o folclore galego e portugués con pop, música electrónica e ritmos latinos.Estrease como compositora, axudada na produción Paulo Borges. Nun disco coa que se sente “bastante identificada”. Para Andrea Pousa este é “un traballo que conecta a miña orixe coa actualidade”.
“Axendados”, “Camiñares”, “Alalá Meigo” ou “Atrapados” son algúns destes temas que xa se publicaron nas plataformas dixitais e se poderá mercar nos vindeiros días en formato físico, editado por Altafonte.
FOTOS- FRAN CORTIZO