12.5 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Letras Galegas no concello da Laracha 2021

O 17 de maio celebrarase o Día das Letras Galegas, que este ano vai dedicado a homenaxear a figura da lucense Xela Arias. En torno a esa data o Concello desenvolverá unha programación municipal dirixida ao público infantil e familiar.

Concurso de Marcapáxinas

A iniciativa máis novidosa será o concurso de marcapáxinas no que se convida a participar a todos os nenos de idades comprendidas entre os seis e os doce anos. As elaboracións deben ser dun tamaño de vinte centímetros de alto e seis centímetros de ancho e, preferentemente, feitas en cartolina. Poden presentarse ata o 14 de maio en calquera das bibliotecas municipais (A Laracha, Paiosaco e Caión). Están establecidas dúas categorías de premios, sendo a primeira para o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria, e a segunda, para os de 4º, 5º e 6º de primaria. En cada categoría haberá dous premios compostos por lotes de libros ou material didáctico e educativo adaptado aos grupos de idade. Ademais, os dous traballos de cada categoría mellor valorados polo xurado serán editados polo Concello e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da rede de bibliotecas municipais.

Actividades Letras Galegas

Os espectáculos infantís tamén terán unha ampla presenza no programa municipal das Letras Galegas. O venres 14 de maio será o primeiro no CEIP de Caión a partir das 17:00 horas con Xeliña fala galego, un contacontos a cargo de Caxoto e dirixido a nenos a partir dos seis anos de idade.

O domingo 16 desde as 12:00 horas no baixo da biblioteca municipal da Laracha ofrécese o contacontos para bebés (desde os seis meses e ata os catro anos) Brilla brilla, de Trémola Teatro.

O propio día das Letras Galegas, 17 de maio, a Casa da Cultura acollerá a partir das 18:00 horas a peza teatral Rosalía de Culturactiva e centrada na infancia da poeta. Vai dirixida ao público infantil e familiar.

O programa pecharase o martes 18 pola tarde, desde as 17:30 horas, cun obradoiro de narración oral para nenos de 3 a 12 anos de idade a cargo de Carmen Conde.

En todos os eventos as condicións de acceso estarán suxeitas ás medidas sanitarias e sociais que establezan ao respecto as autoridades sanitarias.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos