7.5 C
Santa Comba
martes, diciembre 6, 2022

Toni de Seárez, un convidado de luxo en Radio Xallas

Este mércores, 5 de maio,  o programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas emitirá unha entrevista con Antonio García de Seárez “Toni de Seárez”, popular comunicador bergantiñán que dirixe en Uruguai o programa máis veterano en lingua galega “Sempre en Galicia”, que segue en activo a través das ondas de Radio Oriental.

“Sempre en Galicia”

Cada domingo ás 9 da mañá o programa comeza coa voz de Manuel Meilán e a muiñeira de Chantada.“Sempre en Galicia” leva máis de 70 anos en antena. Fai máis de catro décadas, Toni de Seárez, recolleu este facho de galeguidade dun grupo de ilustres fillos de Breogán.

De todos estes anos de experiencia radiofónica, das súas anécdotas coa intelectualidade galeguista, da amizade con Eduardo Galeano, pero tamén das terras de Bergantiños e do Xallas e doutros temas falará Seárez con Xosé Manuel Lema.

A entrevista emitirase este mércores as 12,05 no 107.5 FM e tamén en directo on line desde este enlace. E despois será compartida no Facebook de Na Encrucillada e na Plataforma Ivoox.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
509SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos