11 C
Santa Comba
martes, enero 31, 2023

Ailá lanza un disco “para bailar e divertirse”

Xan Pampín, Ángela Carou, Manuele Pardo e Abel Gañete forman “Ailá”, un grupo de música tradicional nado en Compostela e que vén de lanzar un disco homónimo moi interesante.“A selección está baseada en músicas de tranmisión oral festivas. Todo está pensado para bailar” comentou en Radio Xallas, Xan Pampín. 

Escoita a entrevista desde o minuto 80 (Xan Pampín)

Están contentos co resultado do traballo pero ansiosos de poder estar ao vivo “A nosa satisfacción será levalo ós escenarios e que a xente baile e disfrute”.

Son trece composicións que se recollen neste disco. Entre elas un valse dun grupo con raigames en Bergantiños como los Hermanos Moreira, de Tella-Ponteceso («O valse dos Moreiras»). “Facían músicas preciosa e tiña unha proxección na comunidade galega do exterior”. 

Tamén hai pezas recollidas nas comarcas de Bergantiños, Barcala ou Fisterra como son o “Pasodobre de Imende-Noicela” a “Muiñeira Vella do Barro” ou o “Pasodobre de Morquintián”.

Foto portada- Sara Pardo Lareo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,801SeguidoresSeguir
690SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos