8.7 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Gustavo Couto:”Carapaus somos un grupo de contacto directo co público”

“Camiño da vida tola” é o terceiro disco de Carapaus. No programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, un dos compoñentes, Gustavo Couto, resaltou a boa acollida quen está a ter a gravación a pesar de que “os nosos discos véndense nos concertos. Somos un grupo de contacto directo co público. Se poidéramos tocar sería un 300% mellor a acollida”.

Entrevista a Gustavo Couto desde o minuto 90 deste audio

Couto non oculta que teñen “moitas ganas de actuar” pero de momento o que toca é ensaiar e prepararse. Comenta que Carapaus converteuse nun sexteto, contando cun saxo soprano, e se antes tiñan dúas voces masculinas e unha feminina, agora é ao revés.Un disco no que hai pezas de vellos gaiteiros e composicións propias. “A miña peza favorita é a Muiñeira e xota de Viqueira” explica Gustavo Couto, lembrando que lle prometeu ao finado gaiteiro Manuel Viqueira Vieites que “en todos os nosos discos habería unha peza del”.

Carapaus é un grupo tradicional e reivindicativo.”A cultura sempre vai ligada á reivindicación. Reivindicamos a nosa fala, a nosa cultura, e as carencias do país”. Con motivo do concerto do ano pasado en Santa Comba, o gaiteiro xalleiro Emilio Lois xa falou dese grupo na mesma emisora, nunha entrevista recollida por Adiante Galicia.

Carapaus está formado por:Gustavo Couto (tambor e voz), Emilio Lois(gaitas) Cristina Cotilla(bombo e voz)Natalia Lodeiros(saxo soprano e voz) David Alvarez (acordeón) e Oli Xiráldez(frautas)

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos