“Dáballes de comer ás pombas coma se fosen fillas propias. Pero Minia, que o observaba con minuciosidade, sabía que non era así. No seu sorriso pícaro ao lanzarlles as migallas ella descibrira unha sombra sospeitosa”. Así comeza o novo libro da escritora ceense María Canosa, editado por Xerais.
Confesa que cada libro que sae do prelo “é un cúmulo de sentimentos positivos” pero tamén nervos e expectación. Para ella a chave está “en manter a ilusión en todo o proceso creativo”.
E non imos a facer “spoiler” do libro pero sí recoller a mensaxe que recolle nas súas veas:”Hai que mirar máis aló do prieiro plano, do físico. As veces xulgamos as persoas sen coñecelas antes. O maior segredo do libro é aprender a mirar”.
Entrevista a María Canosa en Radio Xallas(31)
O libro ten un valor engadido. As ilustracións de Noemí López. Sobre a idade (a partir de 11 anos) Canosa precisa:”Os libros teñen tantas vidas como lectores. Eu escribo historias e non penso nun sector en concreto. Hai unha idade orientativa pola comprensión lectoras”.Sen dúbida para todos os públicos.
Foto portada- Santiago Garrido- Web da AELG