Xosé Manuel Lema//
Belém Tajes non acouga. Como as grandes mulleres da Costa da Morte en tempos de limitacións e incertidumes, máis traballo e máis actividade.“Comarea” é unha mostra da creatividade da nosa veciña. A propia Belém Tajes define esta composición:
“Esta canción ten dúas partes. Unha de reivindicación de todo ese léxico da Costa da Morte que fai falta que se siga falando, que siga existindo e por outro lado é unha canción que queria que tivera moita alegría, que a poidéramos bailar. Xa que non podemos saír a ningún sitio, pois para bailar na casa”.
Recoñece que a palabra “comarea” sempre “me chamou a atención e sempre me resultou moi graciosa”. Destaca o traballo do grupo Macheta que participa na composición. Belém volveu ao programa “Na Encrucillada”. Fai uns meses presentou “Pájaro negro”, despois falounos de “Cantos do mar de Irlanda” e de “Noite de lúa” unha versión dun tema interpretado por Antonio Machín.
Este luns falamos de “Comarea”. Escoita aquí a entrevista desde o minuto 75 do audio.