7.1 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Xurxo Fernandes:“Hai unha conexión evidente entre a nosa música de tradición oral e o Mediterráneo Oriental”

“Levaino!” e o novo disco de Xurxo Fernandes. A presentación terá lugar este venres 9 de abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Xurxo comentaba no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas que con este traballo xuntou dous perfís profesionais:”A investigación da música de tradición oral(En Galicia) e nas comunidades sefardís de oriente.Un traballo  que sempre fixen en paralelo e que agora decidín xuntar”.

O artista coruñés quere incidir “nunha conexión evidente entre a nosa música de tradición oral e o Mediterráneo Oriental”.  E polo tanto afirma que “hai moitas semellanzas e quixen poñer en valor ese vínculo”.

Entrevista en Radio Xallas (Minuto 60)

E logo dun traballo de campo que comparteu lugares tan dispersos, territorialmente falando, como Coristanco e Tel-Aviv, chega este disco:”Os procesos de creación sempre dan estas alegrías ao final”, comenta o artista que non se esquece das visitas as aldeas de Silván, Soutullo ou Sísamo:”Eu aprendín a cantar e a entender a música grazas á xente que me abriu as portas das súas casas”.

Agora, Xurxo Fernandes fai unha homenaxe a uns vencellos un tanto apartados:”Estabamos de costas ao Mediterráneo”. Esas pegadas dos xudeus expulsados, esos “xeitos” comúns, esa percepción colectiva, e moitas cousas máis latexan nesta obra do músico.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos