A febre do volframio na comarca de Xallas e Bergantiños deu para moitos artigos e foi recollido en distintos formatos. Pero non no mundo do cómic. Por iso esperta interese, esta obra do carballés Alberto Varela Ferreiro editada por Xerais:”Sempre tiven curiosidade e pareceume un tema moi interesante. E no tema do cómic non se tratara aquí ata o momento” sinala o autor que naceu a pouco quilómetros de Monte Neme.
“Wolfram: espías, nazis e maquis”(Xerais) é un libro que está tendo boa acollida. O resultado do traballo de documentación e das propias cualidades artísticas de Varela.
O axente de intelixencia británico, W.C. Morgan, chega a Galicia coa “misión de boicotear o comercio de wolfram dos alemáns”. Aquí coñece á “espía” norteamericana Molly Morrison e xuntos van a vivir unha serie de aventuras.Varilongo, Monte Neme, Balarés son nomes propios desta historia.
Entrevista a Alberto Varela- Desde o minuto 70
Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, Alberto Varela pensa que aínda as historias relacionadas co wolfram neses anos “non son moi ben coñecidas en Galicia e o cómic pode ser unha boa ferramenta para difundir e historia e tamén a lingua”.
O autor pretende provocar a curiosidade do lector e xunto coa propia obra ofrece un mapa e un glosario para enriquecer a esta viaxe. Non esquece “o valor turístico a desarrolar” que ten esta tradición mineira.