13.1 C
Santa Comba
viernes, mayo 9, 2025

Mes do Libro no concello da Laracha 2021

O 23 de abril celébrase O Día Internacional do Libro co obxectivo de fomentar a lectura especialmente entre os nenos. É tamén por ese motivo que abril é considerado como o Mes do Libro.

O Concello da Laracha volve organizar neste ano unha programación cultural para conmemorar o Mes do Libro con tres sesións de contacontos teatralizadas dirixidas ao público infantil. Realizarase ao longo deste mes nas tres vilas do termo municipal. En todo caso a celebración dos eventos previstos e as condicións de acceso estarán suxeitas a posibles cambios en función da situación epidemiolóxica e das medidas sanitarias e sociais que poidan establecer as autoridades competentes.

O programa abrirase o venres día 15 no CEIP de Caión con Brincadeira Pirata a cargo de Teatro Calavera e dirixida a nenos de entre tres e dez anos de idade.O sábado 24 a Casa da Cultura da Laracha acollerá o espectáculo Ris Ras de Baobab Teatro, pensando para público de ata oito anos.

O venres 30 pecharase o ciclo no centro sociocultural de Paiosaco con A familia Papaventos, un espectáculo musical a cargo de Charo Pita.Todos os espectáculos principiarán ás 18:00 horas, con entrada gratuíta ata completar a capacidade máxima permitida nas salas e sendo obrigatorio por parte do público o cumprimento das correspondentes medidas sanitarias contra o coronavirus.A Deputación Provincial da Coruña colabora co Concello da Laracha na organización do programa do Mes do Libro. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos