10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

A selección de galegos extraordinarios de Salva Rodríguez

«Historias de galegos extraordinarios» de Salvador Rodríguez (Belagua, 2017) entréganos 23 crónicas de homes e mulleres nacidos en Galicia que realmente tiveron unha biografía singular, e son un espello do seu tempo. 

O xornalista e escritor de Bueu Salva Rodríguez Pastoriza fai unha achega de pílulas xornalísticas de galegos e galegas de todos os tempos coa maxia dunha escolla premeditada e acertada, que por suposto da para máis pois estamos nun país extraordinario de vidas realmente dignas de contar, e co oficio do reporteriro do decano Faro de Vigo.

Hai personaxes pouco coñecidos, malia a súa trascendencia en distintos campos, outros con certa sona mais non acertados achegamentos, ou certa lenda negra. Son en boa medida xente feita a sí mesma, en xeral non protagonistas notorios de grandes acontecementos mais imprescindibles no seu labor. A historia faise coa pel sufrida de tantos homes e mulleres que están dentrás e na vangarda, das grandes xornadas, de tantos anónimos. É unha das miñas teimas, poñer en valor a xente do común, a nosa xente, por iso teño por familiares algunhas historias, nas que indaguei.

Pola parte alta da táboa temos esa gran señora que foi a almirante dos mares do sur, a pontevedresa Isabel Barreto, quen asumiu o rol do seu home e do seu irmán (almirante e gobernadora) mortos nunha expedición xigantesca atravesando o Pacífico por rumbos nunca tomados, descubrindo illas, tomando posesión para o seu rey de novos enclaves, lidiando con motíns e pilotos traidores, en fin gobernando firme ata o destino en Manila. A espía Araceli González Carballo, muller de Juan Puyol «Garbo»; unha parella que xogou un papel senlleiro no día D na Segunda Guerra Mundial, pero onde ela brila soa, sen necesidade de home ao lado, cunha actividade de espía dupla deslumbrante.

Esa menina do cuadro máis famoso de Velázquez, a da esquerda que se postra ante a infanta, é galega de Ponteareas. Unha camareira, dama de compañía da infanta, de familia nobre, Agustina Sarmiento. Eis o marabilloso mago Waldemar que no século pasado sentou cátedra en París. Frank Fouce, o galego de Hollywood que foi manager de Stan Laurel, promotor da primeira película do Gordo e o Fraco, e do cine hispano na meca da séptima arte.

O doutor galego a cargo da expedición médica española na guerra do Vietman, que antes viviu a guerra civil e a mundial coa División Azul. O fotógrafo de Carlitos Gardel, os grandes cámaras do cine mexicano, un dos creadores do chili wester e do cine de gansters charros, os galegos presentes no afundimento do Baleares, na gran evasión do penal de San Cristóbal, na repoboación de Hawai, no campo de concentración de Mauthausen, na revolución cubana, no presidio de San Simón. O negocio dos galegos que foron suplantar aos escravos negros en Cuba no seculo XIX. Historias da historia contadas con nomes e apelidos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos