11.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 23, 2023

Alejandra Pais:”Espero que esta nova canción lle guste á xente”

Alejandra Pais estreou fai uns días o seu novo sinxelo “O teu amor”, que estase movendo polas redes. Este luns falaba no programa “Na Encrucillada”, con Xosé Manuel Lema desta nova canción.

“O teu amor é unha balada en galego potente. Paréceme fermosa. Espero que lle gusta a xente” comentou en Radio Xallas a artista coruñesa.

Entrevista a Alejandra Pais desde o minuto 60

“De momento está gustando moitísimo a canción e mailo video-clip. A ver se segue así” comentou Alejandra, que tivo palabras de recoñecemento para o compositor Samuel Bugía:”Ten unhas composicións marabillosas. Traballamos comodísimos os dous”.

“Eu non podo vivir sen a música”

Para Alejandra Pais a música é todo:”Levo cantanto desde moi pequeniña.Eu non podo vivir sen a musica”. Aínda que leva anos coa súa carreira en solitario estaba vinculada á verbena galega formando parte do elenco de Fania Blanco Show.”Hai moita incertidume sobre o mundo da verbena” afirma.

E na entrevista tamén se falou da “Liga dos Cantantes Extraordinarios”, que foi quén de ganar.”Foi unha experiencia única. Vivín momentos únicos. Só teño bos recordos dese programa”.

Agora é o momento de “darlle ao play” e escoitar “O teu amor”. Aquí mesmo sen saír desta páxina.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos