11.5 C
Santa Comba
jueves, diciembre 8, 2022

«Raíña Poesía»

Raíña Poesia” (Xosé Manuel Lema)

                                
Coas mans afogadas en sangue fresca,

Azuis palabras, que me aman

A pruma é altofalante

Dos sentimentos, en cadernos brancos.

Extendo o capital fervente

Redobrando nas arterias

Salpícovos con extintores de verso

Que cobran vida propia

Nos vosos ollos atentos.

Desde os cantís da memoria

Verquendo esencias vagamundas

Letras sibaritas que persigo

Impacientes horas consumidas.

Non te deteñas

Dama perfecta que me inspira

Colonizándome con sinais cautivadoras

Enganchado na ansia da escrita.

Non deixes de darlle carne

Os leóns feros que me habitan

Percorre comigo vieiros pantanosos

Dáme a luz da túa vida.

 

#diamundialdapoesía2021

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,789SeguidoresSeguir
509SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos