10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Este e “O teu amor” o novo sinxelo de Alejandra Pais

//A intérprete coruñesa participará este luns no programa “Na Encrucillada” en Radio Xallas//

“O teu amor” é o novo sinxelo de Alejandra Pais, coñecida pola súa traxectoria en orquestras da verbena galega como  Ceniza, New York e Fania Blanco Show, pola súa carreira en solitario e por gañar a primeira edición de A Liga dos Cantantes Extraordinarios na TVG. 

Alejandra Pais chega cunha balada composta por outro galego, Samuel Bugía, tamén cunha bagaxe importante e autor do último sinxelo de Tamara Pérez “Sinfonía de amor”. Os arranxos instrumentais corresponderon a Nacho Varela e e a mistura, mastering e a edición do video están da man de Federico Asencio, director de MaMMaMusic.

Foto Alicia Centrón- Facebook Alejandra Pais Bugallo

Alejandra Pais «Na Encrucillada

A artista será entrevistada este luns 22 de marzo, ás 12,00 no programa “Na Encrucillada” que presenta o director deste xornal, Xosé Manuel Lema, que xa tivo no seu programa a artistas destacados como Andrés Suárez, Álvaro Urquijo(Los Secretos), Manolo Martínez(Medina Azahara), Sherpa, Leo Rubio, Belem Tajes ou Santi Santos(Los Limones).

Poderase escoitar no 107.5 FM ou on line – escoita aquí Radio Xallas.

Este é o video “O teu amor”

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos