14.2 C
Santa Comba
miércoles, marzo 29, 2023

Dos maternos acentos. Primeira edición dun poema combativo de Eduardo Pondal

– Rafael Lema Mouzo-

No 1891 o bardo de Ponteceso Eduardo Pondal enviou ao seu amigo de Baio Enrique Labarta un poema contra os galegos que rexeitan a súa lingua, uns versos localizados na súa primeira edición nun vello xornal da miña colección, «Dos maternos acentos». Ten dúas estrofas de oito versos e unha coda final con outros dous.

O poema foi publicado por vez primeira en La Pequeña Patria, revista quincenal editada en Santiago por Enrique Labarta Pose e José Tarrío García, no número 9 do ano 1, o día 30 de xaneiro de 1891. Este número orixinal forma parte dos moitos xornais galegos centenarios que gardo na miña hemeroteca. Escribe o vate do Anllóns:

Dos maternos acentos,/ Infames renegarán;/ E tiveran parolas/ De servos e de parias,/ E as pátridas notas/ Imbéciles trocarán,/ Pr´uns escuros acentos de ferro,/ Dunhas xentes estrañas.

Por palabras esquivas, As súas propias deixaran,/ Tan doces e armoniosas/ E garridas e brandas,/ Cal das súas furocas montesías,/ As falangueiras augas,/ Q´derregar descenden,/ Os prados costentos e verdes da patria./¿Quen poderá d´un povo envilecido,/ Borrar vergonza tanta?

Eduardo Pondal Abente sacou ao prelo a súa obra máis famosa, «Queixume dos Pinos» no 1885, na colección Biblioteca Gallega da imprenta de La Voz de Galicia na Coruña, sendo o quinto tomo editado na mesma. Os versos dos que falamos non saen nesta obra. Na parte final deste libro temos un poema que presenta irmandade temática co que analizamos.

É polo tanto o noso unha variante dun mesmo tema, compartindo algúns versos co anterior, mais son poemas distintos; algo que o bardo fixo noutras ocasións, como nas dúas versións de «Feros corvos de Xallas». No poema de 1885 escribe: «A lingua tiveran,/ Por lingua de escravos;/ Esqueceran os patrios acentos,/ Suidosos e brandos».

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos